8 dic 2009

Publicado en Galicia Hoxe o 8 de decembro de 2009

CONSELLO da xunta

O Plan de solo industrial vai executar 36 parques ata 2012

Feijóo anuncia un investimento de 373 millóns de euros para 18,4 millóns de metros cadrados que xerarán 61.000 empregos

REDACCIÓN E AXENCIAS

O Goberno galego pretende recuperar as actuacións dun Plan de Solo Empresarial que o PP deixou feito en 2004 ás que engadirán novos proxectos a dous escenarios: 2012 e 2015. Así, nos próximos tres anos a Xunta propúxose investir 373 millóns de euros para executar 36 novos parques (dez na Coruña, outros tantos en Lugo, 8 en Ourense e os mesmos en Pontevedra) que incorporarían 18,4 millóns de metros cadrados de superficie para a instalación de empresas.

Con esta inxección económica, as estimacións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas calculan que se poderían xerar 7.000 empregos na construción dos parques, que se suman ós 61.000 postos de traballo que poderían ofrecer as empresas que se sitúen nesta superficie. Así mesmo, con este plan prevese mobilizar ata 2012 investimentos por importe de 2.300 millóns de euros.

No período 2012-2015 o obxectivo da Xunta é construír 65 novos parques empresariais (19 na Coruña, 7 en Lugo, 21 en Ourense e 18 en Pontevedra), que incorporarían 36,7 millóns de metros cadrados. Ao fin do período, de cumprirse estas previsións, Galicia disporía de 193 parques empresariais que ocuparían unha superficie de 68,8 millóns de metros cadrados. É dicir, "un 400%" máis que no momento actual.

As cifras foron achegadas onte tras a reunión semanal do Goberno galego polo presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, quen se encargou de informar no Consello da Xunta sobre este asunto. Fixo un repaso pola situación actual, para sinalar que os parques dependentes do Goberno galego ocupan agora 13,7 millóns de metros cadrados. Destes 8,1 millóns son de uso industrial e comercial, pero están dispoñibles para a venda 1,3 millóns de metros cadrados, algo máis do 16% do total. Un dos obxectivos do Executivo autonómico é vender esta superficie dispoñible.

Parece que hai que volver á carga. Valoraremos os camiños a seguir, pero o de sempre, estes pensan que formigonar todo é mostra de progreso e riqueza. Que mentes máis pequenas!!!

4 comentarios:

  1. Contade dende sempre coa pequena república dos Valos. En canto ande perto de alí, haberá que asistires as reunións dos venres.
    Animo Saxamonde!!!!!!! E ánimo pra os que lindamos con Mos... que somos os que pior o temos :(

    ResponderEliminar
  2. Que se note que o entroido entra con ganas..... e que se escoite ben esas letras reivindicativas!!!!

    A darlle guerra o concello e máis a xunta!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Non sei, pero isto debería poñerse otra vez a tono, xa qe están saindo cousas novas qe deberían publicarse, non si?

    ResponderEliminar