6 sept. 2009

Chan das Pipas na Revista do Camiño de Santiago


No sexto número da Revista Peregrina : "Camino de Santiago", correspondente aos meses de Xullo-Agosto do 2009 publícase un artigo sobre o paso do Camiño de Santiago polo Chan das Pipas; un artigo que denuncia o proxecto de construción do Polígono Industrial neste treito da Ruta Xacobea.
Neste artigo resáltanse os valores do Camiño e expón o que suporía esta actuación sumado ao deterioro existente xa nesta ruta. Así, ao Polígono da Granxa, treito infernal para os peregrinos, o paso polo río Louro, foco de contaminación e cheiros, os desmontes do Polígono da Veigadaña, lle sumamos o posible Polígono Industrial do Chan das Pipas, suporía a MORTE do Camiño Portugués, e non só, ademais, suporía a destrución do Patrimonio Arqueolóxico e Cultural (
e o Patrimonio Social, engadiríamos nós ) da Parroquia de Saxamonde.
(Premendo na foto teredes acceso as páxinas da revista)

1 comentario:

  1. Xente de ben..... Novidades o respecto?? Que dende a lonxe castela trasnfronteriza da cor cereal, non chegan novas das contiendas que alí se están a planear.

    ResponderEliminar