20 jul. 2009

MAIO "O CONO FOLLONERO"


Coma xa dixemos, durante días preparamos o necesario para a nosa participación nos Maios. Houbo Brigada Fiúncho, Brigada Pampullo, Brigada Laranxa,... Estas trouxeron o material preciso para a elaboración do Maio. Optamos por un Maio tradicional, coa forma de cono, e na coroa puxemos o logo do Poligonón en frores.
Os artistas da Parroquia puxeronse a elabourar as coplas, e os rapaces a ensaiar para cantalas na Vila.
Estes fixeronno tan ben, que o noso maio acadou unha manchea de premios:
4ºPremio de Interpretación
3º Premio as Coplas
2º Premio ao Maio Tradicional

E así, mentres unha parte dos veciños camiñaba a esas horas cara Santiago, outra parte ocupábase do Maio e a nosa participación no Concurso.
Na marxe dereita da páxina podedes acceder as fotos de todo o proceso do Maio.

Este maio aquí presente

da aldea de Saxamonde

simboliza a nosa loita

pola defensa do monte

Miren este cono

e a forma da coroa

Saxamonde teno claro

o monte é a nosa honra

...



2 comentarios:

  1. ¿No hay más coplas?

    ResponderEliminar
  2. Si, se premes enrriba de onde pon coplas, en verde, no post, terás acceso a todas as coplas. Iso si o meu dominio da arte informática non me fixo unha mala pasada.
    Saudiña.

    ResponderEliminar