4 mar 2009

A COMPARSA “OS 4 FOLLONEROS” REIVINDICA CON ALEGRÍA














A Asemblea Contra o Polígono Mos- Redondela valora moi positivamente a participación do colectivo no desfile do Entroido de Redondela.

Hai xa ben catro meses que se constituíu a Asemblea Contra o Polígono Mos-Redondela que se vén reunindo todos os venres no Centro Cultural do Chan das Pipas. Neste tempo, as reunións con altos cargos da Xunta, manifestacións, envio multidinario de cartas, presentación de alegacións ou xuntanzas informativas por diferentes parroquias da bisbarra teñen sido as accións definitorias do movemento. Un traballo levado a cabo por unha maioría social da parroquia de Saxamonde e as parroquias afectadas directamente que se manifesta contraria á construción do devandito Polígono. Chegado o Entroido, mudáronse as alegacións pola representación mascarada do que pode aconter coa construción do Polígono.

A Asemblea contra o Polígono constituíu unha comparsa que participou no concurso do domingo pasado. Como nome, escolleuse a célebre frase do señor alcalde na que nos definía como "catro folloneros". Demostrando unha vez máis que somos máis que catro, unhas 70 persoas parodiaron a construción do Polígono. Un bosque de piñeiros, carballos e castiñeiros figuraba como o monte do Chan das Pipas. Acompañando, paxariños, bolboretas, peregrinos, coellos, vellos, futbolistas e demais habitantes do Chan das Pipas. No outro lado, representando ao Polígono, un enorme paxaro negro con cresta de fume acompañado de varias persoas vestidas de negro que tapaban ao bosque cunha saba da mesma cor.

A comparsa "Os 4 folloneros" percorreu as rúas de Redondela ante a mirada atenta de miles de persoas que tiveron a oportunidade de escoitar os cánticos compostos para a ocasión.

"Según dice o alcalde

somos catro folloneros

estamos moi orgullosos

de loitar polo que temos

Temos un monte precioso

que queremos conservar

para disfrute das persoas

non o parque industrial"

A Asemblea Contra o Polígono Mos-Redondela, en reunión, valorou moi positivamente a participación no desfile do domingo de Entroido. As mostras de apoio dos espectadores foron múltiples. Con esta acción queremos demostrar que a diversión non está reñida coa reivindicación e que os catro folloneros estaban no balcón do concello e non na comparsa.

Ao final, "Os catro folloneros" quedamos ás portas dos premios. Con todo, o maior premio foi o propio paseo polas principais rúas da vila. Agardemos que o ano que vén poidamos elixir unha temática diferente.

A frase de hoxe:
A vocación do político de carreira é facer de cada solución un problema.
Woody Allen (1935-?) Actor, director e escritor estadounidense.

4 comentarios:

  1. que máis nos dá, que máis nos dá
    se o alcalde non axuda
    nin pazos, nin a canal...

    ResponderEliminar
  2. Pero si no axudamos entre nós, e mentres estemos unidos, non nos poden comprar nin tocar ou trocar por algo que creen que é millor.

    ResponderEliminar
  3. Propoño poñer un apartado a dereita de fotos do entroido, que vos parece? Ó igual que as fotos de Chandas

    ResponderEliminar
  4. Poderíase facer, estamos niso, a ver se somos quen de recompilar máis fotos, e escoller as "mellores".

    ResponderEliminar