21 ene. 2009


A Asemblea Contra o Polígono Mos - Redondela informa aos veciños das parroquias Vilar e Louredo, afectados polo polígono:

Un grupo de membros da Asemblea Contra o Polígono desprazouse a ditas parroquias o sábado 17 pola tarde e o domingo 18 pola mañá para explicarlles aos seus veciños polo miúdo as consecuencias do proxecto de Polígono Industrial. O proxecto en cuestión nace como Plano Sectorial transformándoo nun proxecto de ámbito supra municipal o que serve de coartada para que os respectivos Concellos aleguen falta de competencia no asunto e non informen ao tempo que alonxa aos veciños dos órganos de decisión.

Nas asembleas informativas, presenciadas por medio centenar de veciños das respectivas parroquias ficou claro o descoñecemento que os mesmos teñen do proxecto e das súas consecuencias. No caso de Vilar, ignoraban a localización dun depósito de auga de 3.000 m3 no lugar da Fonte da Lata, ao pé da pista do aeroporto, que abastecerá ao polígono e cuxa condución terá que atravesar a parroquia. Neste sentido, as asembleas serviron para mostrar os efectos da hipotética construción do polígono industrial na zona prevista. Do mesmo xeito, coas numerosas vivendas que circundan a zona afectada fixo constatar o errado do argumento de situar este tipo de infraestrutura na zona e a necesidade de implantar as conseguintes actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas en lugares alonxados dos núcleos residenciais. As poboadas parroquias de Vilar, Louredo e Saxamonde contradín tal suposto, contido na base do proxecto debatido, e demostran o descoñecemento de Xestur da zona elixida..

Despois da experiencia de Vilar e Louredo, a Asemblea Contra o Polígono Mos-Redondela continúa a súa labor informativa na parroquia de Guizán, no veciño concello de Mos. Así, o vindeiro
día 25 ás 11:30h no Centro Recreativo de Guizán (Plantel) convocan outra asemblea informativa.
Do mesmo xeito, cada venres ás 20:30 seguimos a reunirnos na Casa Cultural do Chan das Pipas onde se debate e deciden as próximas accións.



A frase de hoxe:

A política é a arte de buscar problemas, atopalos, facer un diagnóstico falso e aplicar logo os remedios equivocados. (o gran Groucho Marx)

3 comentarios:

  1. a frase é marxista total!!!

    ResponderEliminar
  2. ¿Quedaron contentos estes veciños que non sabian nada???? É dicir, ¿vanse unir a nosa labor?

    Ánimo, e duro cos políticos.

    ResponderEliminar
  3. Víctor Manuel Fuentes Viañojueves, enero 22, 2009

    Ola!

    Lamento non poder acompañarvos e botar unha man na loita contra o polígono, nestes intres. Calquera persoa cun mínimo de razoamento, pode darse conta de que os núcleos de povoación de Saxamonde, Vilar, Arrufana, Guizán, Louredo, etc. forman nestes intres o espazo máis fortemente ameazado de desaparición da contorna. Os motivos son multiples, pero ten moita incidencia a súa proximidade a o aeroporto, é o sistema económico, democrático, globalizado, etc (no que nos mobemos ou non nos deixan outra opción que mobernos). Os lugares anteriormente ameazados na actualidade, corren o risco de afogar sepultados pola ampliación do aeroporto, a construcción do ramal da A-57, a contrucción do polígono Mos-Redondela.

    ResponderEliminar