7 nov. 2008

ASEMBLEA VECIÑAL

O vindeiro Domingo día 9 de Novembro ás 10:30 Asemblea Xeral no Centro Cultural do Chan das Pipas para todos os veciños/as afectados

4 nov. 2008

MANIFESTO DOS VECIÑOS/AS DE SAXAMONDE


¿POR QUÉ NOS OPOÑEMOS AO POLÍGONO INDUSTRIAL?

PORQUE DENDE SEMPRE NOS OPUXEMOS A SÚA CREACIÓN COMO APARECE RECOLLIDO EN DISTINTAS ACTAS DA ASEMBLEA XERAL DE COMUNEIROS/AS.

PORQUE CONFIABAMOS NA PALABRA DO SEÑOR ALCALDE CANDO NOS DIXO QUE COA OPOSICIÓN DOS VECIÑOS/AS NUNCA SE FARÍA DITO POLÍGONO.

PORQUE SEGUEN SEN CONTAR COA NOSA OPINIÓN.

PORQUE VAI SUPOÑER UNHA AFECTACIÓN IRREVERSÍBEL DAS CAPTACIÓNS DE AUGA QUE ABASTECEN A MÁIS DO 80% DOS VECIÑOS/AS, QUEDANDO TODAS AFECTADAS DE CONSTRUÍRSE A VARIANTE DA A-57.

PORQUE AS ESCORRENTÍAS DO POLÍGONO VAN SUPOÑER INUNDACIÓNS DAS ZONAS MÁIS BAIXAS DA PARROQUIA CON AUGAS PLUVIAIS CONTAMINADAS CON METAIS PESADOS, ACEITES INDUSTRIAIS, ETC.

PORQUE VAI SUPOÑER A DEGRADACIÓN MEDIOAMBIENTAL DO ÚNICO ESPAZO DE ESPAREXEMENTO QUE TEMOS OS VECIÑOS/AS E UN DOS POUCOS DA CONTORNA, ONDE TEMOS UNHA CASA CULTURAL, CAMPO DE FÚTBOL, PISTA POLIDEPORTIVA, PARQUE INFANTIL E MERENDEIRO.

PORQUE O POLÍGONO SUPORÁ UN AUMENTO MÍNIMO DIARIO DO TRÁFICO PESADO EN 600 CAMIÓNS E DO TRÁFICO LIXEIRO EN 2,000 COCHES.

PORQUE SUPORÁ A CONSTRUCIÓN A ESCASOS METROS DE CASAS HABITADAS DE NAVES DE ATA VINTE METROS DE ALTURA COS CONSEGUINTES PREXUÍZOS DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA, LUMÍNICA, PAISAXÍSTICA E A DEGRADACIÓN DAS CONDICIÓNS DE VIDA NA ZONA.

PORQUE SUPORÁ UNHA INCIDENCIA NEGATIVA NOS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DOS MONTES DA PARROQUIA.

PORQUE SUPORÍA UNHA ALTERACIÓN NO DISCORRER DO CAMIÑO DE SANTIAGO, DA VÍA ROMANA E OUTROS ELEMENTOS DO PATRIMONIO HISTÓRICO E ARQUEOLÓXICO.

PORQUE DESPOIS DE MOITOS ANOS DE LOITA, E CON FONDOS DA C.E. CONSEGUIUSE ABRIR O CAMIÑO VERDE DA TRAÍDA DA AUGA QUEDANDO AGORA SOTERRADO POLO POLÍGONO.

PORQUE XUNTO COAS LIÑAS DE ALTA E MEDIA TENSIÓN, ESTRADAS, GASODUTO, OLEODUTO E VÍA FÉRREA EXISTENTES, SUMADO O POLÍGONO E A AUTOVÍA, SUPORÁ A DESAPARICIÓN DO MONTE COMUNAL E DAS NOSAS CONDICIÓNS DE VIDA.

PORQUE ESTIMAMOS QUE A DEMANDA REAL NON XUSTIFICA O ESPALLAMENTO DE POLÍGONOS INDUSTRIAS POR TODA A BISBARRA E A ORDENACIÓN TERRITORIAL NON PODE DESORDENAR O TERRITORIO.

PORQUE POR TODO ISTO, XA QUE O POLÍGONO NON VAI APORTAR NADA POSITIVO A NOSA CALIDADE DE VIDA, OS VECIÑOS/AS DICIMOS:

NON AO POLÍGONO

Xa estamos aquí.

Xa estamos en marcha, o obxectivo non é doado, pero tentaremos que os nosos fillos poidan seguir indo o Chan das Pipas, e non o convirtamos nunha explanada de formigón.
Sabemos coma e onde comezamos , o que non sabemos é coma imos parar.
NON AO POLÍGONO MOS-REDONDELA
NON A DESTRUCIÓN DO CHAN DAS PIPAS

3 nov. 2008

O POLÍGONO AMEAZA O CAMIÑO DE SANTIAGO