4 nov. 2008

MANIFESTO DOS VECIÑOS/AS DE SAXAMONDE


¿POR QUÉ NOS OPOÑEMOS AO POLÍGONO INDUSTRIAL?

PORQUE DENDE SEMPRE NOS OPUXEMOS A SÚA CREACIÓN COMO APARECE RECOLLIDO EN DISTINTAS ACTAS DA ASEMBLEA XERAL DE COMUNEIROS/AS.

PORQUE CONFIABAMOS NA PALABRA DO SEÑOR ALCALDE CANDO NOS DIXO QUE COA OPOSICIÓN DOS VECIÑOS/AS NUNCA SE FARÍA DITO POLÍGONO.

PORQUE SEGUEN SEN CONTAR COA NOSA OPINIÓN.

PORQUE VAI SUPOÑER UNHA AFECTACIÓN IRREVERSÍBEL DAS CAPTACIÓNS DE AUGA QUE ABASTECEN A MÁIS DO 80% DOS VECIÑOS/AS, QUEDANDO TODAS AFECTADAS DE CONSTRUÍRSE A VARIANTE DA A-57.

PORQUE AS ESCORRENTÍAS DO POLÍGONO VAN SUPOÑER INUNDACIÓNS DAS ZONAS MÁIS BAIXAS DA PARROQUIA CON AUGAS PLUVIAIS CONTAMINADAS CON METAIS PESADOS, ACEITES INDUSTRIAIS, ETC.

PORQUE VAI SUPOÑER A DEGRADACIÓN MEDIOAMBIENTAL DO ÚNICO ESPAZO DE ESPAREXEMENTO QUE TEMOS OS VECIÑOS/AS E UN DOS POUCOS DA CONTORNA, ONDE TEMOS UNHA CASA CULTURAL, CAMPO DE FÚTBOL, PISTA POLIDEPORTIVA, PARQUE INFANTIL E MERENDEIRO.

PORQUE O POLÍGONO SUPORÁ UN AUMENTO MÍNIMO DIARIO DO TRÁFICO PESADO EN 600 CAMIÓNS E DO TRÁFICO LIXEIRO EN 2,000 COCHES.

PORQUE SUPORÁ A CONSTRUCIÓN A ESCASOS METROS DE CASAS HABITADAS DE NAVES DE ATA VINTE METROS DE ALTURA COS CONSEGUINTES PREXUÍZOS DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA, LUMÍNICA, PAISAXÍSTICA E A DEGRADACIÓN DAS CONDICIÓNS DE VIDA NA ZONA.

PORQUE SUPORÁ UNHA INCIDENCIA NEGATIVA NOS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DOS MONTES DA PARROQUIA.

PORQUE SUPORÍA UNHA ALTERACIÓN NO DISCORRER DO CAMIÑO DE SANTIAGO, DA VÍA ROMANA E OUTROS ELEMENTOS DO PATRIMONIO HISTÓRICO E ARQUEOLÓXICO.

PORQUE DESPOIS DE MOITOS ANOS DE LOITA, E CON FONDOS DA C.E. CONSEGUIUSE ABRIR O CAMIÑO VERDE DA TRAÍDA DA AUGA QUEDANDO AGORA SOTERRADO POLO POLÍGONO.

PORQUE XUNTO COAS LIÑAS DE ALTA E MEDIA TENSIÓN, ESTRADAS, GASODUTO, OLEODUTO E VÍA FÉRREA EXISTENTES, SUMADO O POLÍGONO E A AUTOVÍA, SUPORÁ A DESAPARICIÓN DO MONTE COMUNAL E DAS NOSAS CONDICIÓNS DE VIDA.

PORQUE ESTIMAMOS QUE A DEMANDA REAL NON XUSTIFICA O ESPALLAMENTO DE POLÍGONOS INDUSTRIAS POR TODA A BISBARRA E A ORDENACIÓN TERRITORIAL NON PODE DESORDENAR O TERRITORIO.

PORQUE POR TODO ISTO, XA QUE O POLÍGONO NON VAI APORTAR NADA POSITIVO A NOSA CALIDADE DE VIDA, OS VECIÑOS/AS DICIMOS:

NON AO POLÍGONO

6 comentarios:

  1. Dende Ourense apoiamos a vosa causa. Arturo xa dirás en que podemos colaborar dende aquí.

    Unha aperta

    Martiño

    ResponderEliminar
  2. La Asociación Jacobea de Albacete se une a vuestra reclamación. Estamos con vosotros.
    ¡No a la destrucción del Camino de Santiago!
    Un abrazo
    Asociación Jacobea de Albacete - AJAB

    ResponderEliminar
  3. El Camino Portugués a Santiago es un bien común y un patrimonio que tenemos el deber de legar en las mejores condiciones a futuras generaciones. Desde que en 1992 colocamos la primera flecha amarilla, precisamente junto al miliario de Vilar de Enfesta, miles y miles de peregrinos de todo el mundo lo han recorrido ya. No vamos a permitir su destrucción por un mal entendido progreso. Nos van a tener enfrente, y no hablamos en vano. Y con nosotros a peregrinos y personas civilizadas de todo el mundo. Nuestro patrimonio es de todos y la lucha por su preservación también es de todos. NO A LA DESTRUCCIÓN DEL CAMINO DE SANTIAGO. Mucho ánimo y toda nuestra solidaridad.

    José Antonio de la Riera, Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, AGACS, Presidente.

    José Antonio de la Riera

    ResponderEliminar
  4. o pobo unido xamais sará vencido!!

    ResponderEliminar
  5. Fuerzas Politicas:
    No convenceréis. Para convencer hay que persuadir. Y para persuadir necesitaréis algo que os falta: razones. Me parece inútil el pediros que penséis en ciudadano.

    Parafraseando a D.Miguel de Unamuno

    ResponderEliminar
  6. Chamanlle progreso, ese mito ilustrado que nos abre o futuro con perspectivas sempre innovadoras e que encamiñan a humanidade sempre a mellorar. Non sei, non sei, vexo que ese mito do progreso loco e irracional sementa a desfeita de espacios humáns habitables e habitados, onde un pode vivir na armonía coa natureza,pasear, reunirse cos veciños e veciñas en espazos abertos para facer festa. Pero non, para alguns iso non é progreso, iso non é máis que a expresión nostálxica da comuñón do home con todo o creado, que pasa para eles pola imposición terca dunha vontade dominadora do espazo de lecer.
    Ánimo e loita meus amigos e amigas de Saxamonde, Chán das Pipas seguirá a ser una espazo aberto de vida. ¿é que por un acaso non chegan cos polígonos espallados por Mos e outras bisbarras?, ¿qué intereses creados por algúns, incluso da mesma parroquia de Saxamonde, moven a tamaña barbarie?, ¿Por qué non podemos xestionar nos, veciños e veciñas de Saxamonde o noso chán?. Non deixemos de loitar polo que é de xustiza.

    ResponderEliminar