27 dic. 2008

VALORACIÓN 19-D

Esta é a nota de prensa coa valoración da Manifestación do pasado 19-D feita por todos os colectivos organizantes:

BALANCE E HORIZONTES DESPOIS DA MANIFESTACIÓN.

Os colectivos convocantes consideran un éxito a manifestación do pasado venres e queren aproveitar o pulo recibido para seguir defendendo as causas representadas.

Reunidos os colectivos convocantes da manifestación do pasado venres 19, e feita unha sucinta análise dos resultados, coincidimos todos en valorar o evento como un éxito, por tres motivos.

Un, pola participación. Con unhas 2500 persoas, as rúas de Redondela ateigáronse de xente disposta a enfrentarse ó frío para facer sentir o seu descontento ante os problemas presentados na convocatoria.

Dous, porque se aproveitou a oportunidade de facer didáctica social, e así a xente de Chapela (afectados coa ampliación da AP-9) tivo ocasión de coñecer os problemas que as obras do AVE están a provocar en Negros, ou a xente do Viso (afectados pola Autovía) intercambiaron pareceres cos veciños e veciñas de Amoedo, afectados polos verquidos do seu polígono industrial ou o proxecto da canteira. Así, en xeral, foi unha boa ocasión para fomentar a unidade da sociedade, principal baza na defensa contra as mediocridades políticas.

E tres, porque a pesares da tensión padecida por moitas persoas, que teñen os problemas na porta das súas casas e atopan o desprezo como resposta do Concello, a manifestación non so transcurriu de xeito pacífico, senón incluso distendido e animado.

Os convocantes queremos darlle gracias a todos os participantes pola resposta tan exemplar que lle deron ó noso chamamento.

A movilización cidadá do pasado venres transmitiu o anhelo popular de que, por enriba de quen goberne, debe prevalecer a defensa do noso territorio, da sostenibilidade e da calidade do lugar en que vivimos, e agardamos que teña acelerado a chegada do día en que os nosos representantes deixen de gobernar de costas á cidadanía e se empecen a ter en conta as opinións de todos os veciños e veciñas.

Quédanos, agora, seguir loitando para facer callar entre a xente a mensaxe de que progreso son servicios, sociedade e calidade de vida, fronte a imposición de grandes obras empeñadas en esnaquizar o noso territorio. Nesta loita, os movementos civís cobramos un alento importante na resposta dada pola cidadanía o pasado venres, que demostrou a importancia gañada pola organización e o activismo social como alternativa ós despropósitos políticos. Unha sociedade libremente organizada é o mellor antídoto contra os problemas que nos choven hoxe en día.


Ademais, nunha xuntanza mantida hoxe no Chan das Pipas por membros do colectivo antipolígono , valorouse moi positivamente, por parte de todos os asistentes, a participación dos veciños de Saxamonde, en concreto, na mobilización. Foi o colectivo mais numeroso , acudindo unha ampla maioría da veciñanza da Parroquia, o que nos dá folgos para seguir na loita pola defensa do noso territorio.


21 dic. 2008

Manifestación 19 de Decembro 2008

4, 500, 2000,............. FOLLONEIROS?

Manifestación conxunta:

"Pola defensa do territorio e da nosa calidade de vida" .

Ampliar Nova:
Enlace Faro de Vigo:http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122000_3_282874__COMARCAS-Colectivos-afectados-obras-publicas-colapsan-accesos-Redondela

15 dic. 2008

MANIFESTACION EN REDONDELA


O VINDEIRO 19 DE DECEMBRO, ÁS 20:30 HORAS HABERÁ UNHA MANIFESTACIÓN EN REDONDELA, ORGANIZADA POR 23 COLECTIVOS CONTRA A INCAPACIDADE DE XESTIÓN E DEFENSA DOS REDONDELANS POR PARTE DO CONCELLO.
FARTOS DE SEREN ALDRAXADOS E MALTRATADOS POR TODO TIPO DE INFRAESTRUTURAS QUE NOS TIRAN ENRIBA: AVE, POLIGONO, CANTEIRA, AUTOVÍAS,... E QUE AÍNDA POR RIBA NOS SUBAN OS IMPOSTOS UN 5%; NON PODEMOS QUE MENOS QUE SAÍR A RÚA E DENUNCIAR A INUTILIDADE DOS NOSOS GOBERNANTES. NON NOS REPRESENTAN, SÓLO VIVEN DE NÓS COMA PARÁSITOS.

¡¡¡O DÍA 19 TODA REDONDELA A RÚA!!!

AS 20:30 NA DEPURADORA DE REDONDELA.

8 dic. 2008

ESTE E O INFORME DO GRUPO ICEDE NO QUE SE BASEA A ACTUACIÓN DA CONSELLERIA DE VIVENDA E SOLO

PUBLICADO NO XORNAL: LA VOZ DE GALICIA DO 16/11/2008:

Galicia precisa 35 millones de metros cuadrados de suelo industrial

Las áreas de Vigo y A Coruña acapararán el 42%de la demanda total de la comunidad hasta el año 2015 Vivenda, que ha hecho el diagnóstico, señala que dos tercios de esa superficie están en proyecto o en ejecución(COMECEMOS: o 42% de 35 millons son 14millóns e pico para as áreas de Vigo e Coruña. En Vigo hai proxectados 17 millóns de metros, ¿non van facer nada na area de Coruña ,ou qué?)


Galicia precisa desarrollar unos 35 millones de metros cuadrados de suelo industrial hasta el año 2015 para satisfacer las necesidades de las empresas. Ese es el principal diagnóstico de un estudio encargado por la Consellería de Vivenda a comienzos de esta legislatura y que constituye el primer informe sobre demanda de suelo industrial hecho hasta ahora en España (Toma autobombo!!!). El trabajo, al que ha tenido acceso este periódico, está dirigido por Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada de la Universidad de Santiago, y consta de medio millar de páginas.

Sobre este documento ha construido toda su estrategia de impulso de creación de nuevo suelo el departamento que lidera la nacionalista Teresa Táboas. El informe parte de la base de que las necesidades de superficie productiva vienen determinadas por el ritmo de crecimiento económico, la composición sectorial y tecnológica y los procesos de localización (o ritmo de decrecemento económico viña estes días nos xornais, era un 13% , pero negativo, en galicia un punto por riba da media do estado español; os procesos de localización, referirase a Prevent para Marrocos, Draka Cables para non sei ónde ,...). A partir del análisis de esas variables y de la realización de una encuesta directa a una muestra amplia de empresas( home, os empresarios o que queren e chan industrial , canto mais mellor, así é mais barato. Un estudio feito en base a entrevistas directas, ¡¡¡Qué fiable!!!, para qué queremos datos), los autores han determinado una demanda previsible de suelo en Galicia para el período 2006-2015 que se situaría en los 46,4 millones de metros cuadrados en un escenario máximo u optimista; es decir, teniendo en cuenta un muy buen ritmo de crecimiento económico (vamos, nun esceario coma o de agora, con ERES e despidos, e unha crise mundial como non houbo nunca, un esceario máximo ou optimista). En el contexto mínimo, la demanda rondaría los 33,6 millones. Desde el departamento de Táboas entienden que la necesidad estará en torno a los 35 millones de metros cuadrados.( ¿cánto cobran os do departamento de Táboas? , como diría Manquiña en Airbag: ¡Que profesionais!)

Vivenda sostiene que dentro del programa Galiza Suma ya están en proyecto o en ejecución dos tercios de esa cantidad. Pero el documento elaborado por el Grupo Icede de la Universidad de Santiago no solo determina la demanda, sino los lugares en los que se concentrará. Y es en esas áreas en las que Vivenda está promoviendo el suelo. Según el informe, las comarcas de Vigo y A Coruña se configuran como los principales focos de demanda de nuevo suelo productivo. Entre las dos, acapararán el 42% de las necesidades totales de Galicia para el período 2006-2015. Por orden de importancia, las áreas que requerirán más volumen de suelo son Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo, Ferrol, Pontevedra, O Salnés, Bergantiños y A Mariña Occidental. Esto significa que 7 de las 10 primeras comarcas con mayor demanda son costeras; es decir, que la tendencia reproduce el desequilibrio territorial entre la franja atlántica, mucho más dinámica, y la Galicia interior, azotada por la despoblación y la crisis de rentabilidad agroganadera.

Corregir la brecha

Para corregir esta brecha, los autores del trabajo propusieron a la Xunta emprender actuaciones estratégicas para el desarrollo de nuevos polos de crecimiento en el interior. «Dado que en materia de desenvolvemento nada se improvisa nin se inventa, o máis realista é apostar prioritariamente pola creación de solo naquelas cabeceiras de comarca que, no interior do país ou na mariña, foron quen de experimentar nos últimos anos un proceso de desenvolvemento económico e urbano de certa relevancia: Lalín, A Estrada, O Barco, O Carballiño, Verín, Sarria-Monforte, Viveiro, Burela-Cervo ou Ribadeo-Barreiros»(Caramba!!!, por non dicir algo mais forte; ¿e Redondela, con tres áreas no seu redor?, ¿e Mos?, ¡vaia maneira de corrixir a "brecha"), precisan los autores del trabajo.

El proyecto de la plataforma logística de Monforte o el parque empresarial Val da Rábeda (en Ourense) revelan que el departamento de Táboas ha apostado por esta estrategia. En esta última iniciativa, por ejemplo, se prevé crear cuatro millones de metros cuadrados, con una inversión de 200 millones de euros. Actualmente, el proceso está en la adquisición del suelo correspondiente al 50% de la superficie total de la actuación, que permitirá construir el Campus Industrial, especializado en el sector textil, donde medio millón de metros cuadrados están reservados para la empresa Adolfo Domínguez.

Los autores del trabajo cuestionan con dureza la política de suelo emprendida en Galicia desde finales de los 80 y advierten de que la estrategia de reequilibrio territorial no puede asentarse en la multiplicación de microiniciativas dispersas por el medio rural que no responden a las necesidades reales de las empresas, que quieren asentarse en áreas con masa crítica. (Isto é a guinda: cuestionan a política de microiniciativas dispersas polo medio rural; nós tamén cuestionamos esa política, e nos parece que se semella a actual, cunha zona industrial ou mais en cada concello,senón ¿qué sentido ten facer unha en Veigadaña, outra en Arrufana, a un par de quilómetros, outra no Ameal, a outro par de Km, outra en Amoedo, ...?)

CONGRUENCIA , SEÑORES, CONGRUENCIA, SI O ESTUDIO O QUE FAN REFERENCIA VOSTEDES SINALA A NECESIDADE DE 14 MILLÓNS DE CHAN INDUSTRIAL ENTRE VIGO E A CORUÑA, ¿POR QUÉ PLANTEXAN 17 MILLÓNS NA AREA DE VIGO, ASOLANDO MASAS ARBÓREAS E ANIQUILANDO AS VIDAS DE TANTA XENTE?.

"Uno de los principales síntomas de toda revolución es el repentino y brusco incremento del número de personas corrientes que toman parte activa, independiente y obligada en la política."
(Vladímir Ilich Uliánov, Lenin)

3 dic. 2008

PUBLICADO NO FARO DE VIGO O 30 De NOVEMBRO

El parque industrial de Mos acogerá a 90 empresas en junio tras ocho años de espera

La nueva zona empresarial dará cabida a compañías diseminadas por todo el municipio mosense

(DEIXA QUE ME RÍA UN POUCO)

Faro de Vigo

F. ALONSO / VIGO Tras ocho años de muchas dificultades y largas luchas, el Parque Industrial de A Veigadaña, en Mos, estará listo a mediados del próximo año, tras la gestión realizada preferentemente entre la sociedad Xestur y la Asociación de Empresarios de Mos. Serán 90 los empresarios que se asentarán en este nuevo parque en el período de unos dos años y que crearán 200 nuevos puestos de trabajo ( A EMPRESA PREVENT, UNHA SOLA, ESTÁ EN MOS, VAISE PARA MARROCOS, DEIXA NA RÚA A 215 PERSOAS, E REPITO, É UNHA SOA EMPRESA), además de con los que ya cuentan en la actualidad. El parque, cuyo proceso se inició en 2002, se encuentra en fase de urbanización, a un 80% de su realización.
La nueva zona industrial tendrá una superficie total de 820.000 metros cuadrados, de los que 400.000(OLLO O DATO, 400.000 A ZONA INDUSTRIAL) serán destinados a zona industrial. El resto se destina a zonas verdes y viales. Después de muchos problemas se ha conseguido imprimir un gran ritmo a la urbanización del parque que estará finalizada a mediados de año.
En este nuevo parque empresarial se ubicarán 90 empresas(COLLEDE PAPEL, 90 EMPRESAS), de las que 7 ocuparán parcelas entre 10.000y 24.000 metros cuadrados(SEGUIDE CO PAPEL, ANOTADE: 7x10.000=70.000 METROS, NON?, TOMANDO O MÍNIMO DE METROS) ;_42 se asentarán en parcelas superiores a 1.200 metros(42x1.200=50.400 METROS) y las restantes ocuparán parcelas entre 2.000 y 7.000 metros cuadrados(LOGO, COMO MINIMO AS RESTANTES: 90-49= 41; 41 PARCELAS DE ENTRE 2000 E 7000).
Los promotores del polígono se encontraron con la novedad de que numerosos (OLLO, "NUMEROSOS") empresarios solicitaron naves en alquiler(SI, SI, ALUGUER, NON HAI QUE AS COMPRE, ¿QUÉ CARALLO DE EMPRESAS SERÁN QUE NON COMPRAN UNHA NAVE?) con opción a compra. El total de solicitudes empresariales fue de naves por 65.000 metros cuadrados( A VER, O TOTAL DE SOLICITUDES FOI DE 65.000 METROS CADRADOS, PERO, ¿O POLÍGONO NON TEN 400.000 METROS DE TERREO INDUSTRIAL? , OU SEXA, QUE A DEMANDA E DE UN 16% , OU SEXA, QUE QUEDAN 335.000 METROS SEN OCUPAR?) . En principio se podrán atender peticiones por un total de 24.000 metros cuadrados.
Mos cuenta en la actualidad con un tejido industrial muy importante, pero muy diseminado y poco ordenado. Cuenta con un total de 1.179 actividades industriales, de las que 806 empresas pertenecen al sector servicios (68%), 189 al industrial (16%) y 184 al de la construcción (184).
Del total de 1.179 empresas, 653 mantienen actividades industriales y no son autónomas(OU SEXA, "EMPRESAS DE AUTÓNOMOS, UN EMPREGADO OU SEN ACTIVIDADE INDUSTRIAL :526, CASE QUE A METADE) . Entre ellas destacan las micropymes, con menos de 10 trabajadores en plantilla y que son 520 (QUE SUMADAS OS AUTÓNOMOS FAN UN TOTAL DE: 1046, OU SEXA QUE CASE QUE O TOTAL DAS "EMPRESAS" DE MOS TEÑEN ENTRE UN E DEZ EMPREGADOS). Después figuran las 119 medianas (entre 11 y 50 trabajadores), 12 pymes (entre 51 y 250 trabajadores) y 2 grandes empresas, que cada una de ellas está integrada por más de 250 trabajadores.
El sector predominante de las empresas a instalarse es el Metal, seguido del Transporte y el Comercio.
El presidente de la Asociación de Empresarios de Mos, José Mañas está convencido de que esta zona industrial caerá (ISTO SUPOÑEMOS UN ERRO , DEBERÍA DICIR: CAMBIARÁ) en gran parte la fisonomía de la localidad (POR SUPOSTO, O ÚNICO REAL DO DITO ATA O DE AGORA). Y todavía más será cuando se pueda contar con el segundo parque industrial que ha comenzado a construirse (QUE MAIS QUIXERAN QUE XA SE COMEZARA A CONSTRUÍR) entre los municipios de Mos y Redondela.
"Las necesidades de servicios e infraestructuras de la industria mosense han sido una reivindicación constante de nuestra Asociación, a lo largo de los últimos ocho años", manifiesta José Mañas.
El presidente de los empresarios muestra su satisfacción porque con la puesta en marcha de este parque y la otra segunda gran área industrial "Mos podrá albergar a más de 300 empresas (COÑO,PERO NON HABÍA 1179?) , lo que ello supondrá de desarrollo del municipio".
Pero además del aspecto industrial el portavoz de los empresarios de Mos resalta que los dos proyectos producirán una gran transformación y reorganización del territorio. "Aspectos como urbanismo, infraestructuras y servicios, censo demográfico, financiación municipal, estructura del tejido productivo y empleo"( TOTALMENTE DE ACORDO, PRODUCIRÁN UNHA GRANDE TRANSFORMACIÓN E REORGANIZACIÓN DO TERRITORIO, DE SER UN LUGAR PARA VIVIR, SERÁ UN SITIO DEPRIMIDO, SUBURBIAL, CONTAMINADO,CHEO DE TRÁFICO. SINALA OS ASPECTOS: URBANISMO, INFRAESTRUTURAS E SERVICIOS, CENSO DEMOGRÁFICO ,... E ¿O MEDIO AMBIENTE, A ECOLOXÍA, O MEDIO NATURAL E SOCIAL?, ¿ONDE QUEDA?, BAIXO A BOTA DO CAPITALISMO MAIS FEROZ, UN MEDIO NATURAL,... ESA DESAPARICIÓN DE MASA ARBOLADA, ...DE LUGAR DE OCIO,...¿NON TEN VALOR?, A NOSA VIDA, ¿NON VALE? , CENSO, ... ¿QUE CENSO? , QUEN QUERERÁ VIVIR O CARÓN DUN POLIGONO INDUSTRIAL? SERVICIOS, ¿QUÉ SERVICIOS? , SE NON TEMOS REDE DE SUMIDOIROS, NEN RECOLLIDA DE PLUVIAIS, QUE SERÁN DERIVADAS CONTRA AS NOSAS CASAS, RECOLLIDA DO LIXO TRES VECES A SEMANA, E INDA POR RIBA DE DOUS CONCELLOS DISTINTOS E DISTINTAS EMPRESAS,... ¿QUÉ COÑO ME ESTÁS CONTANDO?, ¿ TÍ ONDE VIVES? O CARÓN DUNHA EMPRESA OU NUNHA ZONA RESIDENCIAL?, ESTAMOS DE ACORDO QUE HAY QUE ORDENAR O TERRITORIO, HAY NECESIDADE DE ZONAS INDUSTRIAIS, PERO ... COSTA TANTO UBICALAS NUN SITIO AXEITADO?, CADA CONCELLO TEN QUE TER UNHA ZONA INDUSTRIAL?, COA CRISE QUE HAI E A DESLOCALIZACIÓN DE EMPRESAS, ¿NECESITAMOS 17 MILLONS DE METROS CADRADOS DE CHAN INDUSTRIAL NOS ARREDORES DE VIGO? REDONDELA PRECISA TANTOS POLIGONOS INDUSTRIAIS EN TODO O SEU PERÍMETRO E NO SEU INTERIOR?: AMOEDO, AMEAL, O MURO, CEDEIRA-CANABAL, CEDEIRA-PORTELA, RANDE COS RECHEOS... ZONAS CONTEMPLADAS COMA INDUSTRIAIS NO AVANCE DO PXOM. E NON DEFENDEMOS COMA DICE O ALCALDIÑO AS NOSAS LEIRAS, DEFENDEMOS UN MONTE COMUNAL, QUE É DE TODOS OS VECIÑOS, NON UNHA PROPIEDADE PRIVADA,... ¿TEMOS QUE CALAR?, TEMOS QUE ACEPTAR COMA GALEGOS QUE NOS BOTEN TODO ENRRIBA E RIRLLE AS GRACIAS OS SEÑORITOS?, A VERDADE E QUE O MESTRE CASTELAO NOS REFLEXA ESTA SITUACIÓN MOI BEN EN CALQUERA DAS SÚAS IMAXES.

POR FIN ALGO , APARTE DOS SOLDOS, NO QUE ESTÁN DE ACORDO, PSOE, PP, BNG E OS EMPRESARIOS: O POLÍGONO INDUSTRIAL DE CHAN DAS PIPAS. ¿NON É SOSPEITOSO?)

SEGUIREMOS NA LOITA MENTRES POIDAMOS: "SI EL PRESENTE ES DE LUCHA: EL FUTURO ES NUESTRO" (Ernesto Guevara)

30 nov. 2008

QUENTANDO MOTORES



Hoxe , as 12:00 da mañá estivemos alguns na manifestación contra o Plano Vigo Integra. Fixo frío, choveu, mesmo caiu sarabia, e nembargantes amosamos a nosa oposición a un plan que desfai os Concellos que están a carón de Vigo.
Seguiremos defendendo na rúa o que os incompetentes plantexan nos despachos.

Vémonos na rúa

POLIGONO NON!!!
(Clica na foto e verás outras imaxes da manifestación)

27 nov. 2008

SEGUIMOS NA BRECHA !!!



Onte a noite, cando a maioría das familias estaban ben quentiñas nas súas casas, nos, os "galos" de Saxamonde e Mos demostramos que non somos 4 "folloneros" como dí un individuo que anda polo concello. Cada vez con máis forza, este é o camiño !
Clica na foto e verás imaxes da chocolatada reivindicativa.
POLIGONON!!!

23 nov. 2008

CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS


CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

Mércores día 26 de Novembro concentración diante do Concello as 20:00 horas, con motivo do pleno. Haberá chocolate . Levar cadanseu cirio, imos en rogativa aos beatos dos políticos para que non poñan o polígono no Chan das Pipas.

Sábado 29 de Novembro , as 20:30 manifestación en Chapela contra o desdoblamento da autopista.

Domingo día 30 de Novembro, as 12:00 manifestación en Vigo na Praza de España contra o Plan Vigo Integra.

Venres 12 de Decembro as 19:00 manifestación contra os recheos na Ría sale de diante de Seragua, en Redondela.

Comunicamosvos que temos tido unha serie de Xuntanzas con diversos colectivos de Redondela, estando nestes intres estudiando a posibilidade de emprender accións en conxunto para amosar a nosa disconformidade co xeito de actuar da clase política deste Concello: deixando desamparados os cidadans, tomando decisións de costas a eles, sen ter en conta as opinións da xente, e nunha total inoperancia que fai que Redondela estease a esnaquizar dun xeito alarmante.
Un povo que noutrora era un lugar agradable para vivir, sen servicios, pero agradable , estase a converter nun espazo atravesado por toda clase de infrestructuras que destrúen o medio natural onde vivimos; e todo isto cunha clase política que se adica o seu, a cobrar dedicacións exclusivas, a subir os impostos un 4,9% ,a pesares da crise, e sen facer nada máis.

Por todo isto , porque XA ESTAMOS FARTOS, e POLA DEFENSA DO TERRITORIO E DA NOSA CALIDADE DE VIDA:

FÓRA INCOMPETENTES DO CONCELLO !!!

22 nov. 2008

Correo desde Albacete

Enviannos dende Albacete este correo ao noso mail;enviaron unha carta de protesta polo poligono industrial e defendendo o Camiño de Santiago. É curioso, a eles contestanlle. A "nosa " Xunta de Galicia contestalle a un cidadán de Albacete e cala cos cidadáns de Galicia. Será la Junta de Galicia?

Correo recibido en la Asociación Jacobea de Albacete, desde la Xunta
de Galicia.
----------------------------------------------------------------------
-------Mensaje original-------

De: secretaria.xeral.presidencia@xunta.es
Fecha: 21/11/2008 11:33:47
Para: anaisrperegrina@gmail.com
Asunto: Construcción de un polígono industrial

A/a: Dª Isabel Sánchez Román

Acuso recibo, en nombre del Sr. Presidente da Xunta de Galicia, del
correo electrónico en el que nos informa de su malestar por el
proyecto de construcción de un polígono industrial en Redondela-Mos.

Le comunico, que desde esta Secretaría General, damos traslado de la
documentación a Consellería de Vivenda e Solo y a la S.A. de Xestión
do Plan Xacobeo, por ser los órganos competentes en esta materia.

Reciba un atento saludo,

Gumersindo Guinarte Cabada
Secretario General de la Presidencia
Santiago de Compostela, 20 de noviembre de 2008
----------------------------------------------------------------------

Igual hasta se dan por aludidos

Álvaro, desde Albacete

Gracias compañeros de Albacete por apoyarnos en nuestra y vuestra causa, el camino no está solo. Por lo menos a vosotros la Junta de Galicia os contesta las cartas, podeis daros por satisfechos, a los ciudadanos de Galicia nos ignora.

Un abrazo desde la verde meseta del Chan das Pipas.

20 nov. 2008

CARTA DOS VECIÑOS DE GUIZÁN APOIANDO AS REINVIDICACIÓNS DO COLECTIVO NON AO POLÍGONO

A continuación reflexo a carta remitida polos veciños de Guizán ao noso colectivo:
Ola a tod@s.
Desde Guizán tamén nos opoñemos radicalmente a construción do polígono Mos-Redondela.

Desde fai tempo, os veciños de Guizán vimos sufrindo as molestias da implantación das primeiras naves na zona de Arrufana. Somentes cas naves existentes actualmente, a nosa vida é sinxelamente IMPOSIBLE. Actualmente, xa pasan pola nosa estrada, que vai do Santiaguiño a Peinador, centos de camións o día (día e NOITE) e claro está, centos de coches que van e volven das naves.
As cousas mais cotidianas convertíronse agora en misión imposible.
*Como a nosa estrada non está preparada para soportar o tráfico actual, para ir a pé ata Peinador hai que ser máis valente que Arnold Schwarzenegger; e sair da casa co coche...como coincida a hora de saida do polígono, mellor esquecelo, podes votar horas a esperar.
*Os camións pasan tocando os balcóns das casas. E que non nos veñan con contos de que as casas se construiron a beira da estrada. Fai 10 anos, cando se construiron as primeiras naves, os veciños de Guizán demos terreos para AMPLIAR A ESTRADA. Por iso agora as casas están pegadas a estrada, antes non o estaban. E nos pensando que a nova estrada melloraría as nosas vidas o facela máis segura. Se o superamos daquela...
*Os camións votannos fora da estrada cando nos cruzamos con eles nos coches.
*Non podemos conciliar o sono co ruído do tráfico, iso no mellor dos casos, cando non, as 4 da mañá un camión pita porque se atopa con outro, e un polo outro non collen na estrada.
*Mesmo nos insultan os camioneiros cando estamos entrando para as nosas casas cos coches e lles molestamos. Entendemos que é perigoso, pero temos que entrar na nosa casa!!!

Guizán estaba moito antes co polígono de Arrufana.

Os veciños de Guizán non queremos nin que poñan beirarrúas, nin que ancheen a estrada para que collan ben os camións....solo queremos que os camións deixen de pasar por aquí, que saian cara a N-550 e que dende alí se dirixan os seus destinos. Se isto lles supón dar un rodeo, ninguén lle ten a culpa. GEFCO, MASTER CADENA, TRANSPORTES SOUTO.....xa sabían onde se instalaban antes de se instalar. Non poden empregar unha estrada veciñal para servirse porque a eles lles veña ben!!!

Todos estes trastornos, e mais que podedes imaxinar, cas actuais naves que hai en Arrufana...non queremos nin imaxinar o que pode ser cando se desenrole completamente o polígono de Mos-Redondela

Dende fai tempo os veciños de Guizán vimos protestando, falando cos políticos, prensa... Pero os políticos sempre fan o mesmo: din o que queremos oir, para despois seguir facendo o que eles querren.

Por todo isto, estamos aquí para o que necesitedes.


Saudos e moito ánimo. Ímolo conseguir

Polígono Non!
Sólo podemos agradecer o voso apoio e agradecer que fagades ver e ser consciente a xente dos danos e molestias que as veces non se pensan e que inflúen na calidade de vida diaria, e que fan que un sitio que noutrora era un paraíso, agora mesmo polo mal chamado progreso se convirta nun inferno. Grazas, aquí estaremos, nos tamén para o que precisedes.

19 nov. 2008

HOXE 19 DE NOVEMBRO FARASE ENTREGA DE 3465 CARTAS DIRIXIDAS A XUNTA DE GALICIA


Hoxe, o colectivo de afectados polo polígono Mos-Redondela,(que podería ser colectivo antipolígono, despois de todas as mostras de solidariedade recibidas) fará entrega no rexistro de entrada da Xunta de Galicia da Praza da Estrela, en Vigo, de 3465 cartas dirixidas a distintas personalidades do Goberno Galego. Así as misivas dirixiranse o Presidente, Sr. Touriño, o Vicepresidente Sr. Quintana, o Conselleiro de Medio Rural, Sr. Suarez Canal, ,de Medio Ambiente, Sr. Vazquez e de Vivenda, Sra. Táboas. Dende o colectivo cremos que o feito de ter xuntado esta cantidade de apoios nun prazo dunha semana, amosa o verdadeiro posicionamento da xente, non só directamente afectada contra a construción do Polígono , senón da concienciación de aqueles que coñecen o Chan das Pipas, e que miran a creación nese lugar dun Polígono Industrial coma un atentado o medio natural , unha barbaridade ecolóxica. O Chan das Pipas é de todos: dos veciños de Saxamonde, dos que acoden a comer, a pasear, a recoller cogomelos, a andar en bicicleta, dos que coñecen o lugar e dos que non , de todos aqueles que aman a natureza. Queremos darllelas grazas a tod@s polos apoios recibidos e que non fan outra cousa que darnos folgos para seguir con mais forza a pedir, mellor dito a esixir:
NON AO POLÍGONO

3465 GRAZAS A TOD@S.

12 nov. 2008

LA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DEL CAMINO DE SANTIAGO ASEGURA QUE ESTÁ DISPUESTA A LLEVAR EL CASO A LA UNESCO

Asediado por las naves industriales. Así temen que se quede el Camino de Santiago en su trazado portugués a lo largo de su paso por la provincia de Pontevedra. En la actualidad, los caminantes tienen que sortear las naves de As Gándaras, en O Porriño. Si el polígono de Arrufana, entre los municipios de Mos y Redondela, se lleva a cabo tal cual está proyectado, los peregrinos tendrán que soportar su trayecto pegados de nuevo a las fábricas. Durante más de kilómetro y medio, ruta jacobea y polígono discurren a escasos 30 metros, una distancia que tampoco se multiplica en exceso en el resto del trazado en el área de Chan das Pipas.

Esta cercanía ha sido el objeto de la denuncia de la Asociación de Amigos del Camino de Santiago, que han puesto ya en conocimiento de la Consellería de Patrimonio la afectación que podría crear a la ruta. «Por el paisaje, el respeto a medio ambiente y a las miles de personas que realizan este recorrido, no se puede dar el visto bueno a este proyecto tal y como está», apunta el presidente de la agrupación, José Antonio de la Riera.

El trazado de peregrinación discurre a escasos 30 metros del futuro parque durante 1,5 kilómetros

Por todo ello desde la agrupación solicitan que el proyecto del parque sea modificado para retirarlo en un mínimo de 500 metros de la ruta. «Aunque la ley de la década de los 90 cita en 30 metros el mínimo de distancia con las construcciones, lo cierto es que no es lo mismo una vivienda que un polígono como este, de industria pesada», recuerda de la Riera.

Mámoas y camino romano

El proyecto todavía no ha llegado a la Consellería de Patrimonio, por lo que la agrupación se muestra esperanzada. Pese a todo, no dudan en recordar que están dispuestos a denunciar el caso a todos los museos, agrupaciones culturales y los miles de defensores de la ruta que están repartidos por el mundo. Incluso aseguran que podrían llegar a la Unesco, como ya hicieron en el pasado, pese a que el trazado portugués no tiene ningún reconocimiento. Esa otra lucha, la de que consiga alguna declaración, es el otro reto que manejan desde la agrupación, objetivo que podría verse empañado con el polígono, según apuntan.

Junto la actual ruta jacobea, el proyecto afecta también al antiguo trazado, el denominado histórico, y que data de la época medieval. Además, por la zona y en paralelo hay indicios también de que discurre la vía romana XIX, aunque no hay ninguna cata arqueológica realizada en la zona que pusiera al descubierto su recorrido.

Del patrimonio de esa época destaca también el miliario que se encuentra en el camino. El único de toda Galicia que conserva su ubicación original y que permanece impasible desde haces siglos en el límite entre Mos y Redondela, pese a las intenciones de trasladarlo a un museo de Pontevedra. «Miña nai e outras mulleres preñadas acudieron a protestar alí para evitar que o levasen, que xa o intentaron tres veces e nunca o conseguiron. De feito, se contaba que antigamente a xente pegaba a orella ao miliario e se podía escoitar o mar», recuerda una señora mayor con memoria prodigiosa que pasea por la zona. No es lo único de lo que pueden presumir en este área, según la asociación existen en el interior de los terrenos que ocupará el futuro parque cuatro mámoas por cuyo futuro temen.

A lo largo de todo el trayecto señalizado con flechas amarillas, los vecinos de la zona de Chan das Pipas han aprovechado para expresar su rechazo al proyecto con pintadas en la carretera y carteles pidiendo que se paralice el proyecto.

La Voz de Galicia
L.Míguez 12/11/2008

10 nov. 2008

CARTA ABERTA O PRESIDENTE , VICEPRESIDENTE DA XUNTA E CONSELLERÍAS IMPLICADAS NA MASACRE MEDIOAMBIENTAL DO CHAN DAS PIPAS

Saxamonde 9 de novembro de 2008

Estimado Presidente,

Son un veciño de Saxamonde; con certeza que non sabe moi ben onde queda, pero aquí pretende construír un Polígono Industrial que lle chama de Mos-Redondela. Aínda é un proxecto polo que quixera, nesta breve carta, realizar unha pequena reflexión e estender un convite.
Nos seus discursos vostede sempre fala de grandes números. Menciona os km de estradas, autovías ou AVE; os m² de chan industrial. Son números que coloca como garante do benestar dos galegos/as. Desde Santiago son dados a falar de macrocifras e esquecer que en cada número, detrás de cada m² , baixo cada km hai persoas.
O benestar das persoas non se mide en cifras ou m². Benestar é ter como veciños outros veciños que viven en casas e non naves industriais que, todos sabemos, non son habitables. É que as noites sexan noites e non permanentes focos de luz, e cando cante o cuco non se escoite só ruído de industrias. Benestar é saber que no día de mañá os nosos fillos recibirán un mundo algo mellor que o que nós recollemos. O benestar é un sentimento de tranquilidade. E non podemos estar tranquilos sabendo que as decisións que se toman non contan co máis importante que ten este país, os seus habitantes.
Convídolle sinceramente que veña a Saxamonde, na extrema entre Mos e Redondela. Pase un domingo pola tarde coa súa familia pola área recreativa do Chan das Pipas, pasee polo Camiño de Santiago, a Vía Romana ou o recén restaurado Camiño da Auga. Se quere, pode participar do próximo magosto-serán que organizan os veciños. Veña e camiñe, como agora se pode, pola estrada que vai de Os Valos a Guizán e falase cos veciños, vexa como vivimos. Pódese asomar ata o Coto do Gran e apreciar en toda a súa extensión o Val do Maceiras. Todo antes de que se aprobe o proxecto do Polígono Industrial, claro!
Os proxectos non se poden redactar desde os despachos. Hai que pisar a terra que se pretende ocupar. Hai que falar cos veciños que se pretenden ordenar. Para facer país, para progresar, hai que saber e coñecer os nomes dos lugares e das persoas que alí viven. O progreso e a construción do país non se pode facer de costas á cidadanía.
Se finalmente vostede se acerca a este lugar, verá que é un territorio poboado, con proxectos de vida realizándose e outros por realizar. Verá que o noso monte non está desordenado, é o Polígono quen desordena e desestrutura o territorio. Encaixonado entre tres parroquias, lindando con múltiples vivendas con persoas que as habitan, con accesos perigosos, coas afectacións nas augas de traída, o Polígono nin trae progreso, nin fai país. Este polígono condena esta zona e destrúe non só o entorno e a paisaxe, senón o que é máis importante, as vidas dos veciños.
Pásese por esta terra para comprobar que o benestar non se debuxa nos planos nin se mide en m² , senón que se camiña no terreo e se valora cada día.

Reciba cordiais saúdos,

7 nov. 2008

ASEMBLEA VECIÑAL

O vindeiro Domingo día 9 de Novembro ás 10:30 Asemblea Xeral no Centro Cultural do Chan das Pipas para todos os veciños/as afectados

4 nov. 2008

MANIFESTO DOS VECIÑOS/AS DE SAXAMONDE


¿POR QUÉ NOS OPOÑEMOS AO POLÍGONO INDUSTRIAL?

PORQUE DENDE SEMPRE NOS OPUXEMOS A SÚA CREACIÓN COMO APARECE RECOLLIDO EN DISTINTAS ACTAS DA ASEMBLEA XERAL DE COMUNEIROS/AS.

PORQUE CONFIABAMOS NA PALABRA DO SEÑOR ALCALDE CANDO NOS DIXO QUE COA OPOSICIÓN DOS VECIÑOS/AS NUNCA SE FARÍA DITO POLÍGONO.

PORQUE SEGUEN SEN CONTAR COA NOSA OPINIÓN.

PORQUE VAI SUPOÑER UNHA AFECTACIÓN IRREVERSÍBEL DAS CAPTACIÓNS DE AUGA QUE ABASTECEN A MÁIS DO 80% DOS VECIÑOS/AS, QUEDANDO TODAS AFECTADAS DE CONSTRUÍRSE A VARIANTE DA A-57.

PORQUE AS ESCORRENTÍAS DO POLÍGONO VAN SUPOÑER INUNDACIÓNS DAS ZONAS MÁIS BAIXAS DA PARROQUIA CON AUGAS PLUVIAIS CONTAMINADAS CON METAIS PESADOS, ACEITES INDUSTRIAIS, ETC.

PORQUE VAI SUPOÑER A DEGRADACIÓN MEDIOAMBIENTAL DO ÚNICO ESPAZO DE ESPAREXEMENTO QUE TEMOS OS VECIÑOS/AS E UN DOS POUCOS DA CONTORNA, ONDE TEMOS UNHA CASA CULTURAL, CAMPO DE FÚTBOL, PISTA POLIDEPORTIVA, PARQUE INFANTIL E MERENDEIRO.

PORQUE O POLÍGONO SUPORÁ UN AUMENTO MÍNIMO DIARIO DO TRÁFICO PESADO EN 600 CAMIÓNS E DO TRÁFICO LIXEIRO EN 2,000 COCHES.

PORQUE SUPORÁ A CONSTRUCIÓN A ESCASOS METROS DE CASAS HABITADAS DE NAVES DE ATA VINTE METROS DE ALTURA COS CONSEGUINTES PREXUÍZOS DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA, LUMÍNICA, PAISAXÍSTICA E A DEGRADACIÓN DAS CONDICIÓNS DE VIDA NA ZONA.

PORQUE SUPORÁ UNHA INCIDENCIA NEGATIVA NOS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DOS MONTES DA PARROQUIA.

PORQUE SUPORÍA UNHA ALTERACIÓN NO DISCORRER DO CAMIÑO DE SANTIAGO, DA VÍA ROMANA E OUTROS ELEMENTOS DO PATRIMONIO HISTÓRICO E ARQUEOLÓXICO.

PORQUE DESPOIS DE MOITOS ANOS DE LOITA, E CON FONDOS DA C.E. CONSEGUIUSE ABRIR O CAMIÑO VERDE DA TRAÍDA DA AUGA QUEDANDO AGORA SOTERRADO POLO POLÍGONO.

PORQUE XUNTO COAS LIÑAS DE ALTA E MEDIA TENSIÓN, ESTRADAS, GASODUTO, OLEODUTO E VÍA FÉRREA EXISTENTES, SUMADO O POLÍGONO E A AUTOVÍA, SUPORÁ A DESAPARICIÓN DO MONTE COMUNAL E DAS NOSAS CONDICIÓNS DE VIDA.

PORQUE ESTIMAMOS QUE A DEMANDA REAL NON XUSTIFICA O ESPALLAMENTO DE POLÍGONOS INDUSTRIAS POR TODA A BISBARRA E A ORDENACIÓN TERRITORIAL NON PODE DESORDENAR O TERRITORIO.

PORQUE POR TODO ISTO, XA QUE O POLÍGONO NON VAI APORTAR NADA POSITIVO A NOSA CALIDADE DE VIDA, OS VECIÑOS/AS DICIMOS:

NON AO POLÍGONO

Xa estamos aquí.

Xa estamos en marcha, o obxectivo non é doado, pero tentaremos que os nosos fillos poidan seguir indo o Chan das Pipas, e non o convirtamos nunha explanada de formigón.
Sabemos coma e onde comezamos , o que non sabemos é coma imos parar.
NON AO POLÍGONO MOS-REDONDELA
NON A DESTRUCIÓN DO CHAN DAS PIPAS

3 nov. 2008

O POLÍGONO AMEAZA O CAMIÑO DE SANTIAGO