8/12/2009

Publicado en Galicia Hoxe o 8 de decembro de 2009

CONSELLO da xunta

O Plan de solo industrial vai executar 36 parques ata 2012

Feijóo anuncia un investimento de 373 millóns de euros para 18,4 millóns de metros cadrados que xerarán 61.000 empregos

REDACCIÓN E AXENCIAS

O Goberno galego pretende recuperar as actuacións dun Plan de Solo Empresarial que o PP deixou feito en 2004 ás que engadirán novos proxectos a dous escenarios: 2012 e 2015. Así, nos próximos tres anos a Xunta propúxose investir 373 millóns de euros para executar 36 novos parques (dez na Coruña, outros tantos en Lugo, 8 en Ourense e os mesmos en Pontevedra) que incorporarían 18,4 millóns de metros cadrados de superficie para a instalación de empresas.

Con esta inxección económica, as estimacións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas calculan que se poderían xerar 7.000 empregos na construción dos parques, que se suman ós 61.000 postos de traballo que poderían ofrecer as empresas que se sitúen nesta superficie. Así mesmo, con este plan prevese mobilizar ata 2012 investimentos por importe de 2.300 millóns de euros.

No período 2012-2015 o obxectivo da Xunta é construír 65 novos parques empresariais (19 na Coruña, 7 en Lugo, 21 en Ourense e 18 en Pontevedra), que incorporarían 36,7 millóns de metros cadrados. Ao fin do período, de cumprirse estas previsións, Galicia disporía de 193 parques empresariais que ocuparían unha superficie de 68,8 millóns de metros cadrados. É dicir, "un 400%" máis que no momento actual.

As cifras foron achegadas onte tras a reunión semanal do Goberno galego polo presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, quen se encargou de informar no Consello da Xunta sobre este asunto. Fixo un repaso pola situación actual, para sinalar que os parques dependentes do Goberno galego ocupan agora 13,7 millóns de metros cadrados. Destes 8,1 millóns son de uso industrial e comercial, pero están dispoñibles para a venda 1,3 millóns de metros cadrados, algo máis do 16% do total. Un dos obxectivos do Executivo autonómico é vender esta superficie dispoñible.

Parece que hai que volver á carga. Valoraremos os camiños a seguir, pero o de sempre, estes pensan que formigonar todo é mostra de progreso e riqueza. Que mentes máis pequenas!!!

6/9/2009

Chan das Pipas na Revista do Camiño de Santiago


No sexto número da Revista Peregrina : "Camino de Santiago", correspondente aos meses de Xullo-Agosto do 2009 publícase un artigo sobre o paso do Camiño de Santiago polo Chan das Pipas; un artigo que denuncia o proxecto de construción do Polígono Industrial neste treito da Ruta Xacobea.
Neste artigo resáltanse os valores do Camiño e expón o que suporía esta actuación sumado ao deterioro existente xa nesta ruta. Así, ao Polígono da Granxa, treito infernal para os peregrinos, o paso polo río Louro, foco de contaminación e cheiros, os desmontes do Polígono da Veigadaña, lle sumamos o posible Polígono Industrial do Chan das Pipas, suporía a MORTE do Camiño Portugués, e non só, ademais, suporía a destrución do Patrimonio Arqueolóxico e Cultural (
e o Patrimonio Social, engadiríamos nós ) da Parroquia de Saxamonde.
(Premendo na foto teredes acceso as páxinas da revista)

4/8/2009

Un traballo didáctico pon en valor a parroquia de Saxamonde


POR SAXAMONDE. POSIBILIDADES DUNHA SAÍDA DIDÁCTICA
Ao longo dos últimos meses, a Asemblea Veciñal contra o Polígono Industrial Mos-Redondela ten diversificado as súas accións en contra do proxecto de zona industrial : as alegacións iniciais, atendendo aos prazos e formas ditados pola administración, as protestas na rúa en forma de manifestacións e concentracións nos plenos, o envío masivo de cartas aos responsábeis políticos, as reunións con eses mesmos responsábeis ou as charlas informativas realizadas en todas as parroquias directamente afectadas, son unha mostra do amplo abano de recursos de protesta despregado polo colectivo. As capacidades, vontades e recursos utilizados exceden calquera previsión inicial. A certeza de contar con sólidos argumentos a diversificar a diversificar a loita e ampliar as frontes nas que situar a problemática.
Así, o pasado 26 de Maio, na Casa Cultural do Chan das Pipas, en Saxamonde, o colectivo presentou: "Por Saxamonde. Posibilidades dunha saída didáctica", unha nova acción que pretende permanecer no tempo e contribuír ao seu obxectivo mediante a valorización social do entorno que se pretende destruír coa construción do Polígono Industrial. O volume "Por Saxamonde..." é un traballo dirixido, principalmente, a Centros Escolares que amosa diferentes aspectos da Parroquia de Saxamonde. Realizada desde a rigorosidade de profesionais do ensino e diferentes especialistas,a proposta está dividida en oito capítulos, correspondentes a materias escolares (Historia, Xeografía, Ed. Física, Ciencias Naturais, Tecnoloxía, Ed. para a Cidadanía e Plástica).
Cada un dos capítulos está divido en dúas partes. A primeira dedicada á exposición dos contidos teóricos sempre en relación coa contorna da parroquia e, a segunda, con propostas de actividades para traballar tanto na aula como no campo. Todos os capítulos incorporan un apartado de glosario para facilitar a comprensión dos seus contidos. Xunto coas materias, ofrécese a posibilidade de percorrer catro rutas con destino ao lugar do Chan das Pipas, en Saxamonde. Cada ruta está acompañada dunha guía cos elementos máis salientábeis a observar e traballar co alumnado. O traballo presentado é unha iniciativa inédita na comarca e supón unha mostra máis da necesidade de coñecer o noso entorno en profundidade como paso necesario para a súa valorización e a reflexión sobre o seu futuro. Tal e como escriben os autores, “Con esta publicación pretendemos axudar á comunidade escolar e ao conxunto da poboación a coñecer a realidade de Saxamonde e a súa contorna con maior detalle. Consideramos que toda decisión sobre proxectos das dimensións e consecuencias do Polígono Industrial Mos-Redondela ten que estar acompañada do coñecemento do lugar que se pretende ocupar. Esta é unha ferramenta que nos permite elaborar criterios, coñecermos e valorarmos o entorno de Saxamonde, primeiro paso para construírmos un futuro de benestar.”
(premendo na foto terás acceso ao traballo)
A frase de hoxe:
"A desvalorización do mundo humán crece en razón directa da valorización do mundo das cousas" (Marx, Karl)


20/7/2009

MAIO "O CONO FOLLONERO"


Coma xa dixemos, durante días preparamos o necesario para a nosa participación nos Maios. Houbo Brigada Fiúncho, Brigada Pampullo, Brigada Laranxa,... Estas trouxeron o material preciso para a elaboración do Maio. Optamos por un Maio tradicional, coa forma de cono, e na coroa puxemos o logo do Poligonón en frores.
Os artistas da Parroquia puxeronse a elabourar as coplas, e os rapaces a ensaiar para cantalas na Vila.
Estes fixeronno tan ben, que o noso maio acadou unha manchea de premios:
4ºPremio de Interpretación
3º Premio as Coplas
2º Premio ao Maio Tradicional

E así, mentres unha parte dos veciños camiñaba a esas horas cara Santiago, outra parte ocupábase do Maio e a nosa participación no Concurso.
Na marxe dereita da páxina podedes acceder as fotos de todo o proceso do Maio.

Este maio aquí presente

da aldea de Saxamonde

simboliza a nosa loita

pola defensa do monte

Miren este cono

e a forma da coroa

Saxamonde teno claro

o monte é a nosa honra

...



10/7/2009

O día 1 de Maio partimos cara Santiago


Esta fin de semana do 1 de maio fixemos varias actividades; tivemonos que repartir, e logo de pasares algunha noite sen durmir, alguns de nós foron aos maios , con uns bós resultados que contaremos, e outros comezaron unha peregrinación ata a mesma capital do País. Reproducimos a nova tal e coma saiu no Faro de Vigo da nosa peregrinación a Santiago, onde tentamos entregar unha carta ao novo Conselleiro. Diante da imposibilidade de facelo en man, enviouse por correo ordinario desde a mesma Capital de Galicia.

Un colectivo peregrina a Santiago para expresar su rechazo al polígono industrial



Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

ANTONIO PINACHO - REDONDELA Un grupo de vecinos de la parroquia redondelana de Saxamonde inició el viernes una peregrinación a Santiago para expresar su rechazo al Polígono Industrial Mos-Redondela. Los ciudadanos, cuya llegada a la capital gallega está prevista para hoy al mediodía, no esperan el apoyo divino del apóstol a sus reivindicaciones, pero al menos pretenden llamar la atención de la Administración gallega sobre este polémico proyecto.
Con esta acción, el colectivo vecinal quiere mostrar los perjuicios que supondría la construcción del parque empresarial en el lugar proyectado, así como invitar a los responsables del nuevo gobierno de la Xunta a que visiten la zona de Chan das Pipas en la que se pretende ubicar. En este sentido, la Asemblea Veciñal contra o Polígono ya se puso en contacto con el gabinete del presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y del conselleiro Agustín Hernández, nuevo responsable en materia de ordenación territorial. La imposibilidad de reunirse con el responsable un domingo, no impidió que los gabinetes mostraran su interés en conocer el problema de primera mano. En este sentido, desde el colectivo realizarán la entrega simbólica de una carta dirigida al nuevo gobierno donde se exponen los argumentos por los que se oponen al proyecto, así como una invitación para visitar la zona.
En la misiva se adelantan varios de los argumentos que desaconsejan la ejecución del proyecto, entre los que destacan el informe desfavorable emitido por el departamento de Patrimonio de la Consellería de Cultura, y los apoyos recibidos por parte de diferentes organizaciones.
El grupo de peregrinos viste con unas camisetas reivindicativas y además dejan material informativo en los albergues sobre el proyecto del polígono y sus efectos sobre el propio Camino Portugués.